Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


xornada_cocina_libre

I Xornada de Cociña Libre

A I Xornada de Cociña Libre é un evento tecnogastronómico organizado pola Asociación Comunidade O Zulo que se celebrou o sábado, 30 de novembro, no Local Sociocultural Casas Baratas de Mugardos, en colaboración co Concello de Mugardos.

Os pratos do menú elaborado para esta Xornada de Cociña Libre foron elaborados polos cociñeiros:

Estos profesionais podemos atopalos no restaurante Andarubel (Fragas do Eume) e nas «food trucks» AUTGA (Autóctonos de Galicia).

mapa_casasbaratas.jpg

Son varios os obxectivos da actividade:

  • Fomentar a gastronomía local e o produto de proximidade.
  • Achegar as novas tecnoloxías, software e cultura libre á cociña.
  • Ampliar o abano de actividades realizadas pola asociación, en definitiva: achegarnos ata un público máis amplo e heteroxéneo.

O mercado

O mercado de San Telmo localizado na rúa Mercado s/n é un edificio singular deseñado polo arquitecto Rodolfo Ucha, coñecido arquitecto modernista, conta con moitos focos importantes en Galicia no que destaca fundamentalmente Ferrol, expresado no barrio da Madalena no que se fusiona o modernismo do século XX e o racionalismo da época ilustrada. Na actualidade o mercado dispón de peixarías e froiterías e algún posto de venda directa de produtos locais

Pescadería Rosa

Peixaría rexentada por Rosa dende hai 25 anos, trátase dunha peixaría tradicional na que se vende peixe fresco da zona, principalmente da ría. Aquí mercamos polbo da ría, raia e centolo, para os pratos que se van elaborar hoxe na «Xornada de cociña libre». Tódolos produtos mercados foron capturados de xeito artesanal

Entrevista

Entrevista Peixaría Rosa (ligazón externa ao ficheiro de son no noso servidor)

Entrevista Peixaría Rosa en Youtube

Flores e froitas Lorenzo

Froitaría rexentada por Lorenzo hai 22 anos, situada no anexo do mercado antigo, trátase dunha froitaría onde se vende todo tipo de froita e verdura fresca. A maioría son produtos de temporada cultivados na zona, fomentando así os produtos locais. Aquí mercamos pemento vermello, pemento verde e cebola, para a elaboración do menú da «Xornada de cociña libre».

Entrevista

Entrevista Froitería Lorenzo (ligazón externa ao ficheiro de son no noso servidor)

Froitería e Floristería Lourdes

Froitaría Lourdes con 47 anos de antigüidade, actualmente rexentada por Sagrario dende hai 12 anos, anteriormente rexentada pola súa nai Lourdes, de aí o nome do posto. Situada no interior do mercado antigo, trátase dunha froitería onde se vende todo tipo de froita e verdura fresca. A maioría dos produtos son locais de cultivo propio cando son de tempada. Aquí mercamos pemento vermello, pemento verde, cebola e unhas estupendas castañas de Verín para preparar os nosos pratos

Entrevista

Entrevista Froitería Lourdes (ligazón externa ao ficheiro de son no noso servidor)

Entrevisa Froitería Lourdes en Youtube

Peixaría El Rociero

Peixaría «El Rociero» rexentada por Cristina dende hai 14 anos, rexentada anteriormente pola súa nai, situada no interior do mercado antigo, dedicada a vender peixe fresco da zona principalmente da ría. Aquí mercamos os mexillóns de Lorbé.

Entrevista

Entrevista Peixaría «El Rociero» (ligazón externa ao ficheiro de son no noso servidor)

Entrevista Peixaría El Rociero en Youtube

O menú

Falsa empanada de polbo á mugardesa

Versión máis lixeira dunha empanada.

Ingredientes (4 persoas)

  • 1 Paquete de «Wan Tun» (pasta de orixe oriental doada de conseguir en calquera gran superficie comercial)
  • 1,5 K. de polbo.
  • 1 cebola.
  • ½ Pemento vermello.
  • ½ Pemento verde.
  • 1 dente de allo.
  • ½ vaso de viño branco.
  • 1 cullerada sopeira de pemento moído doce.
  • 1 cullerada sopeira de pemento moído picante.
  • 100ml Aceite de oliva (para o sofrito do polbo)
  • 500ml Aceite vexetal (para fritir o «wan tun»)
  • Aire de polbo (½ litro de caldo da cocción do polbo, ½ cullerada de lecitina de soia)
  • Sal
  • Pementa

Elaboración

  1. Fritir a pasta «wan tun» nun aceite vexetal. Reservamos en papel absorbente.
  2. Cocer o polbo nunha pota de cobre.
  3. Elaborar aire de polbo coa auga de cocción do polbo engadindo lecitina de soia.
  4. Sofritir cebola e allo. Incorporamos xuliana de pemento, escalfamos e salpementamos. Engadir viño branco e reducir.
  5. Retiramos do lume e incorporamos pemento moído. Engadimos auga de cocción de polbo e cocemos lixeiramente. Reservar parte para a zaragallada da empanada, e parte para elaborar a espuma do refrito da mugardesa(sifón).
  6. Racionar polbo ao gusto e empratar a elaboración.

Tempura de raia e polbo sobre salpicón de centola

Ingredientes (4 persoas)

  • 800 gr de centola (cocer preferiblemente na auga do mar suficiente pra cubrila cunha folla de loureiro)
  • 4 follas de repolo
  • 600 gr de raia (limpa en filete, sen cartilaxe)
  • 320 gr de polbo.
  • Maionesa: 1 ovo para 200ml de aceite de xirasol.
  • Tempura: 1 bote neste caso Santa Rita, seguir instrucións do produto.
  • Sal.
  • Pementa.

Preparación

  1. Elaborar masa de tempura.
  2. Racionar en tiras lombos de raia salpementar.
  3. Cocemos polbo(35/40min) e racionamos.
  4. Cocer centola en auga mareira con loureiro.
  5. Limpar patas e cabeza de centola.
  6. Elaborar maionesa e mesturar xunto o caldo e a carne da centola.
  7. Escaldar folla de repolo e reservar.
  8. Enchoupar en masa de tempura, e fritir a unha temperatura de 160 graos en aceite vexetal.

O equipo

Documentación e edición

  • Gloria
  • Dongil
  • Rafa
  • Bouzada
  • Iván
  • Lucía

Multimedia

  • Jorge
  • Mishelle López
  • Mario

Coordinación

  • Pablo
  • Alberto
  • Evaristo
  • Vavi

Cociña

 Antonio Díaz, Adrián García e José Prado

Esta actividade é froito dun convenio de colaboración co Concello de Mugardos

xornada_cocina_libre.txt · Última modificación: 2019/12/03 21:02 por apermuy