====== Proxecto A Eira ======= A Eira é un proxecto tecnolóxico que ten como principal obxectivo o desenvolvemento dun sistema de xestión contidos homoxéneo libre e gratuito, baseado en Drupal, para publicación de catálogos de elementos patrimoniais. ===== Obxectivos ===== * Desenvolver un perfil de instalación común para tódolos sitios web que forman parte do proxecto. * Desenvolver un único sitio de referencia que sirva como punto de referencia para todo o contido catalogado no proxecto. * Aumentar a visibilidade e difusión para manter a vivo o proxecto. * Desenvolver un [[https://www.xataka.com/basics/api-que-sirve| API ]] homoxéneo para os diferentes sitios web do proxecto en versións [[ https://www.drupal.org | Drupal]] 7 e 8. Sen lugar a dúbidas, a publicación de [[http://www.aculturadaauga.org| A Cultura da Auga]] supuxo un punto de inflexión para a asociación, desde un punto de vista tecnolóxico, pero tamén desde un punto de vista de visibilidade e difusión. Ao servir como referencia e punto de partida para proxectos como os citados [[https://www.abeancos.gal | Abeancos]] ou [[https://www.obaixoulla.gal| obaixoulla]], mantivemos contacto directo con colectivos que doutroxeito sería prácticamente imposible, polo carácter local da asociación. A medida que o número de proxectos medra, xurde a necesidade de poder aglutinar nunha única canle unha mostra dos elementos máis representativos de cada proxecto; isto é, en esencia a definición do "Proxecto Aeira" ===== Alcance ===== * Deseñar imaxe visual do proxecto. [[imaxe_visual_aeira| Ampliar información]] * Desenvolver profile e tema do proxecto. [[frontal_aeira| Ampliar información]] * Desenvolver e/ou evolucionar API dos proxectos cuxa versión sexa [[https://www.drupal.org| Drupal]] 7 [[api_aeira|Ampliar información]] ===== Planificación ===== * 1 xaneiro - 31 outubro 2020 - Deseño imaxe visual * 1 xullo - 31 outubro 2020 - Desenvolvemento profile Drupal 9 * 31 xullo - 31 outubro 2020 - Desenvolvemento tema proxecto * 31 outubro - 30 novembro 2020 - Publicación e presentación do proxecto